Actividadades formativas 2017-2018 (UVigo)

O programa de doutoramento Estudos Lingüísticos prevé unha serie de actividades formativas obrigatorias e opcionais, que deben ser rexistradas no Documento de Actividades do Doutorando

As actividades na UVigo nas que os estudantes do PD Estudos Lingüísticos deben ou poden inscribirse son as seguintes.

Nome da actividade Horas totais Datas
Seminario introdutorio
ao Doutoramento en Estudos Lingüísticos
 10 desde 16 de outubro
Seminario de formación avanzada:
Problemas e métodos na Lingüística Actual
 (+info) 20 desde 7 novembro
Grupo de discusión (I):
Fundamentos metodolóxicos da investigación lingüística 
(+info) 10 desde 15 novembro
Grupos de discusión (II):
Avances recentes na investigación lingüística
10 Marzo – maio

O Seminario Introdutorio, o Seminario de Formación Avanzada, e o Grupo de Discusión (i: Fundamentos metodolóxicos da inv. lca.) están dirixidos a estudantes de primeiro ano.
O Grupo de Discusión II (Avances recentes no estudo da linguaxe) é unha actividade destinada a estudantes de segundo ano e posteriores, obrigatoria para os que aínda non completaran 20 horas en grupos de discusión e opcional para os restantes.