Actividades Formativas 16-17 (UVigo)

O programa de doutoramento Estudos Lingüística prevé unha serie de actividades formativas obrigatorias e opcionais,, que deben ser rexistradas no Documento de Actividades do Doutorando

No curso 2016-2017, a Universidade de Vigo implanta un novo sistema de inscrición e rexistro das actividades formativas de doutoramento a través da Secretaría Virtual, e abre varios prazos de inscrición.

As actividades nas que os estudantes do PD Estudos Lingüísticos deben ou poden inscribirse son as seguintes.

Nome da actividade Horas Preinscrición Docencia
Seminario introdutorio:
Xornadas para lingüistas novos
10 10-16 Oct 19-21 oct
Seminario de formación avanzada:
Problemas e métodos na Lingüística Actual (+info)
20 10-16 Oct 31 oct – 11 maio
Grupo de discusión (I):
Fundamentos metodolóxicos da investigación lingüística (+info)
10 10-16 Oct 10 Nov – 25 maio
Grupos de discusión (II):
Avances recentes na investigación lingüística
10 21‑25 Nov Marzo – maio
Curso de formación transversal:
Estatística básica para lingüistas
12 21‑25 Nov 7-8 & 14-15 feb

O Seminario Introdutorio, o Seminario de Formación Avanzada, e o Grupo de Discusión (i: Fundamentos metodolóxicos da inv. lca.) son obrigatorios para estudantes de primeiro ano, os cales deben preinscribirse a través da Secretaría Virtual do Estudante (sección Doutoramento > Solicitudes de Actividades) entre o 10 e o 16 de outubro.
O Grupo de Discusión II (Avances recentes no estudo da linguaxe) é unha actividade destinada a estudantes de segundo ano e posteriores, obrigatoria para os que aínda non completaran 20 horas en grupos de discusión e opcional para os restantes.
O Seminario de formación transversal Estatística Básica para Lingüistas é un seminario intensivo opcional de 12 horas de duración recomendado para todos os estudantes do programa. A preinscrición será entre o 21 e o 25 de novembro