Bolsas de mobilidade (UVigo)

A Universidade de Vigo convoca 63 bolsas de mobilidade para estudantes de doutoramento matrículados na Universidade de Vigo no curso 2013-2014.

Pódese consultar a convocatoria na páxina web da Universidade de Vigo no seguinte enlace http://bolsas.uvigo.es/GestorBecas/user/Becas.do?accion=list&idTipo=17

Dentro desta convocatoria o programa Estudos Lingüísticos ofrece un máximo de 7 bolsas:

Nº Id. Tipo Perfil Nº de bolsas
10 A Estadía de investigación de duración superior a un mes fora da Península Ibérica 1
11 C Asistencia a congresos/cursos fora da Península Ibérica 1
12 D Asistencia a congresos/cursos na Península Ibérica 5
Criterios de Valoración no caso de que haxa máis solicitantes que bolsas dispoñibles:

–  Méritos curriculares dos/das solicitantes: 50 %
–  Interese do desprazamento proposto para o programa formativo do/da solicitante:  30 %
–  Calidade do centro de destino ou importancia do congreso/curso: 20 %

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 4 de xullo de 2014