O Ministerio convoca contratos predoutorais para a formación de doutores (FPI 2013)

No BOE de 14 de agosto de 2013, publícase a Resolución de 9 de agosto de 2013 da “Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación”, pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2013, de diversas actuacións contempladas no “Subprograma Estatal de Formación”e no “Subprograma Estatal de Movilidad”, do “Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad”, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

Na mesma, convócanse axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores, destinadas a persoal investigador en formación que desexe realizar una tese de doutoramento asociada a un proyecto de investigación financiado polo Subprograma de Proyectos de Investigación Fundamental no orientada, convocatoria 2012, do Ministerio de Economía y Competitividad

 

Requisitos dos solicitantes: Os candidatos deberán ter finalizados os estudos que dan acceso a un programa de doutoramento en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2010

Prazo de presentación de solicitudes : do 26 de agosto ao 10 de setembro de 2013 ás 15:00h.

Enlace co BOE: http://www.boe.es/boe/dias/2013/08/14/pdfs/BOE-A-2013-8984.pdf