gl | es | en
(galego) Contidos e estrutura do plan de investigación | Programa de doutoramento Estudos Lingüísticos

(galego) Contidos e estrutura do plan de investigación

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Con carácter xeral, o traballo presentado polo/a doutorando/a deberá incluír os seguintes apartados. Se o tema e os obxectivos do traballo o aconsellan, admitiranse variacións respecto desta estrutura, sempre que estean debidamente xustificadas.

As seccións marcadas con negriña (obxectivos, metodoloxía, medios e planificación temporal) son estritamente obrigatorias e deberán incluírse en calquera caso:

  1. Título.
  2. Resumo. Descrición breve (unhas 200 palabras) dos obxectivos do proxecto e a metodoloxía empregada para o seu desenvolvemento en galego, español e inglés.
  3. Índice paxinado [do plan de investigación].
  4. Antecedentes e estado da cuestión. Descrición concisa do estado actual de coñecemento do tema, incluíndo as referencias bibliográficas máis relevantes.
  5. Hipóteses do traballo. Problema ou argumentación que se quere responder, estudar ou analizar.
  6. Obxectivos que se pretenden acadar, finalidade e metas concretas do estudo. Cómpre discriminar entre obxectivos xerais e/ou específicos.
  7. Metodoloxía: Definición dos conceptos máis relevantes para o traballo e introdución epistemolóxica, ferramentas de análise, métodos e  procedementos de obtención, análise e tratamento de datos, variables concretas da investigación e, se proceder, criterios de selección dos suxeitos e/ou da elaboración ou selección do corpus, limitacións metodolóxicas do estudio, etc. (este apartado debe facerse coa máxima explicitación posible).
  8. Esquema xeral (posible estrutura en capítulos e principais epígrafes do traballo que se vaia realizar).
  9. Medios e recursos dispoñibles ou dos que se vai dispor.

Esta sección pode incluír os seguintes subapartados:
a. Centro/s de realización e grupo/s de investigación no/s que se desenvolve a tese.
b. Estadías programadas noutros centros de investigación.
c. Recursos materiais: infraestrutura (centros ou laboratorios onde se desenvolve o estudo), aparatos, material funxible.
d. Financiamento (se for pertinente, indicarase se o estudo se realiza con cargo a un proxecto ou conta con outra fonte de financiamento. Tamén se sinalará se o estudante dispón dalgunha bolsa ou contrato, especificando a convocatoria e duración da mesma, así como o organismo que os financia).
e. Outros recursos.

  1. Planificación temporal

a. Plan de traballo, para alcanzar os obxectivos da tese. Incluirase un cronograma do tempo total aproximado que durará a elaboración da tese (3 anos TC, 5 anos TP).
b. Planificación doutras actividades que se pretenden desenvolver nos estudos de doutoramento.

  1. Outros aspectos (opcionais).
  2. Referencias bibliográficas dos estudos citados no traballo e (en sección á parte) daquelas referencias bibliográficas que se consideran fundamentais para a elaboración da tese.
  3.  Anexos. Pódense incluír ao final do traballo documentos, mostras de datos recollidos, análises preliminares, etc., que permitan avaliar con precisión o traballo desenvolvido e o estudo que se pretende realizar.

Na primeira páxina deberán figurar os datos identificativos do plan e o visto e prace do titor e o director.

A memoria terá unha extensión total aproximada de 15-20 páxinas (sen incluír a bibliografía nin os anexos) e deberá axustarse ás normas de estilo que se detallan no anexo ou, alternativamente, ás normas de estilo de uso habitual en publicacións de Lingúística.

Lémbrese que o plan de investigación debe fornecer unha idea moi clara, precisa e concreta do que se pretende desenvolver na tese de doutoramento e de como se pensa levar a cabo.

Para o rexistro nos sistemas de xestión administrativa, existen formularios específicos  creados polo negociado de doutoramento de cada Universidade e que deben cubrirse obrigatoriamente na respectiva secretaría virtual.