Convocatoria de Axudas Predoutorais (Xunta de Galicia)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procede no DOG de 9 de agosto de 2013, á convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral do ano 2013, que inclúen as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral de carácter xeral. (70 axudas).
  • Modalidade B: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. (12 axudas)
  • Modalidade C: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional Campus Vida. (12 axudas)

REQUISITOS DAS SOLICITUDES

O/a solicitante debeu rematar a licenciatura ou equivalente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e acadar unha media superior a 7.

O/a director/a de tese que se propoña só poderá formar parte dunha solicitude desta convocatoria e estar integrado nun grupo de investigación no que se teñan dirixido e defendido cando menos tres teses desde o 1 de xaneiro de 2008.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes para as universidades no rexistro oficial da Xunta, finalizará o 9 de setembro de 2013.  Para cumprir con este prazo, a Universidade de Vigo establece un prazo interno de presentación de solicitudes ata  o 3 de setembro de 2013.

LUGAR E FORMA DE PRESENTACIÓN

A presentación de solicitudes farase mediante unha instancia , e entregarase no Rexistro Xeral de calquera dos Campus da Universidade de Vigo.

Estas instancias deberán presentarse xunto co modelo oficial de solicitude (anexo III) que se establece nesta orde, da declaración da persoa proposta para dirixir a tese (anexo V), da declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda (anexo VI) e demais documentación solicitada no artigo 4 da dita orde.

O certificado do número de teses que se dirixiron e defenderon no grupo de investigación ao que pertence a persoa proposta para dirixir a tese, farase dende a Vicerreitoría de Investigación previa petición neste enlace (vicinv@uvigo.es).

Os distintos anexos están ao dispor dos interesados na internet no enderezo http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html, así como a convocatoria publicada no DOG.