gl | es | en
Admisión e selección | Programa de doutoramento Estudos Lingüísticos

Admisión e selección

Admisión

Ademais dos requisitos xerais para acceder a un doutoramento o programa de Estudos lingüísticos require :

  1. Ter unha formación académica en lingüística ou filoloxía (ou equivalentes).
    En caso de perfís mixtos, é dicir, cando a formación en lingüística sexa parcial, a admisión poderá estar condicionada á realización de complementos de formación previos, que determinará a Comisión Académica do Programa de Doutoramento.
  2. As persoas candidatas que proveñan doutros países deberán demostrar o seu coñecemento de galego, portugués ou español.
  3. No caso de que a lingua materna sexa algunha das tres mencionadas na alínea anterior (español, galego ou portugués), ter un nivel B1 de coñecemento dunha lingua distinta destas.
    Se isto non se demostra documentalmente no momento da admisión, haberá de conseguirse a acreditación oportuna ao longo do primeiro ano dos estudos de doutoramento.
  4. Presentar, por escrito, unha declaración de intencións sobre un posible proxecto ou tema de tese, o campo da lingüística en que lles gustaría traballar ou a(s) motivación(s) para desenvolver especificamente ese labor investigador.

Selección de candidaturas

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) fará unha selección das candidaturas presentadas en función dos seguintes criterios:

– Expediente académico
– Outros méritos do curriculum vitae

Con vistas á asignación de titores e directores de teses, teranse en conta os intereses de investigación das persoas que soliciten a admisión. Por iso haberá que achegar canda a solicitude un escrito no que se explique cal é o tema de investigación no que se desexa traballar.

No caso de que a documentación fornecida sexa insuficiente a xuízo da CAPD, poderá solicitar unha entrevista persoal para completar a información.

Priorizarase a matrícula no programa a tempo completo. A CAPD poderá establecer criterios específicos para a realización do programa de doutoramento a tempo parcial.