gl | es | en
Plan de investigación | Programa de doutoramento Estudos Lingüísticos

Plan de investigación

Antes de seis meses, que se contarán desde a data da matrícula, o/a doutorando/a elaborará un plan de investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se han de alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para acadalo.

O plan deberá ser presentado e avaliado co informe do director/a e do titor/a.

O/a doutorando/a terá que defender o seu plan de investigación, en sesión pública, ante unha comisión avaliadora formada por tres persoas nomeadas pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD).

Tras a defensa do traballo diante do Tribunal, a Comisión comunicaralle ao/á estudante a cualificación que será APTO, APTO CON MODIFICACIÓNS ou NON APTO, e procederá a levantar a acta correspondente e trasladala á CAPD para ser incluída no Documento de Actividades do/a doutorando/a. A cualificación “Non Apto” implicará a obriga de volver presentar un novo plan de investigación nun prazo de catro meses.

Os avances na consecución do plan de investigación serán obxecto de seguimento por parte do comité titor durante o resto do período de realización da tese, como mínimo cada ano. O comité titor remitirá á CAPD os informes que se deriven de dito seguimento.