Fernández Salgado

Profesor/a titular de universidade

Área de Filoloxía Galega e Portuguesa
Departamento de Filoloxía Galega e Latina

Información de contacto

Universidade de Vigo

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón A, Despacho 46
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 271
xsalgado@uvigo.gal

Breve CV

Xosé Antonio Fernández Salgado (Ferreiravella, 1966) é Doutor en Filoloxía galega pola USC. Foi bolseiro do ILG (1988-1992), Editor de Santillana-Obradoiro (1993-1998) e actualmente Profesor da UVigo dende 1998. É autor de Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego (Deputación de Pontevedra, 2005) e de varios traballos que analizan os dicionarios, as gramáticas e as propostas ortográficas do galego no século XIX. Realizou tamén varias edicións críticas da obra de M. Valladares Colección de refráns (Tabeirós Terra 2003), Poesía (Xerais 2003), Majina, ou a filla espúrea (Sotelo Blanco 2011) , e do texto Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas (Laiovento 2017). É coautor así mesmo do Nivel Soleira da lingua galega (Consello de Europa 1993) e do Diccionario de Dúbidas da Lingua Galega (Galaxia 1991).

Investigación

Liñas de investigación no programa

  • Lexicografía e lexicoloxía sincrónicas e históricas
  • Gramática e dialectoloxía sincrónicas e históricas
  • Edición textual e lingua literaria

Grupo de investigación

Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega

Liñas de investigación

  • Gramática galega
  • Historia da lingüística galega
  • Edición de textos