Próxima convocatoria de axudas predoutorais da Xunta de Galicia

A convocatoria de contratos predoutorais da Xunta de Galicia será publicada no DOG previsiblemente nos primeiros días de agosto. No enlacehttp://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html atópase oborrador da dita convocatoria.

Dadas as datas nas que se producirá a convocatoria, é de salientar que o prazo de solicitudes rematará o día 9 de setembro. No caso de que a convocatoria se publique mais tarde do día 9 de agosto o prazo de solicitudes será dun mes desde a data de publicación. Como son as universidades as que deben presentar as solicitudes, fixarase un prazo previo interno na UVIGO, para recibir a documentación dos interesados no servicio de investigación.