gl | es | en
Requisitos xerais | Programa de doutoramento Estudos Lingüísticos

Requisitos xerais

1 Con carácter xeral, para acceder a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de mestrado. universitario.

2 Asimesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español, ou doutro país  integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso  a mestrado de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto 1393/2007 e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que polo menos 60 deberán ser de nivel de mestrado.
b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. As personas tituladas deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, excepto que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de mestrado.
c) As persoas con titulación universitaria que, despois de obter unha praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, tras comprobar pola Universidade que se acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de mestrado universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión a persoa interesada nin o seu reconecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
e) Estar en posesión doutro título español de doutor/a obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.