Competencia básica 1 (CB1)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 2 (CB2)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 3 (CB3)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 4 (CB4)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 5 (CB5)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 6 (CB6)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencia xenéricas 1 (CG1)
Ser capaz de utilizar as TIC, entender e avaliar o seu impacto en novos ámbitos para a aprendizaxe cooperativa e autónoma.
Competencia xenéricas 2 (CG2)
Identificar cuestións culturais e éticas na dirección de proxectos de investigación, de innovación e de desenvolvemento e comprender o seu impacto na estructura social do ámbito global dos países.
Competencia xenéricas 3 (CG3)
Capacidade de obter datos pertinentes a partir das fondes documentais ou experimentais e xestionar a información de xeito axeitado.
Competencia específica 1 (CE1)
Comprender de xeito profundo e pormenorizada o ámbito de investigación da lingüística.
Competencia específica 2 (CE2)
Demostrar a capacidade de concibir, deseñar e planificar un proceso de investigación propio nalgún campo da lingüística, xustificando a súa necesidade no marco da investigación máis avanzada.
Competencia específica 3 (CE3)
Demostrar a comprensión sistemática de teorías, hipótese e argumentacións científicas no campo da lingüística e a capacidade de avaliar a devandita información con espírito crítico no proceso de investigación propio.
Competencia específica 4 (CE4)
Capacidade de analizar datos ou avaliar modelos de interpretación, demostrando autonomía e capacidade de xestión de proxectos lingüísticos.
Competencia específica 5 (CE5)
Capacidade para a comunicación, debate e argumentación da investigación propia nalgún campo da lingüística en contraste con ideas, opinións e formulacións diferentes.