Duración dos estudos e permanencia
A duración máxima dos estudos de doutoramento a tempo completo e a tempo parcial será, respectivamente, de tres e cinco anos. Esta duración contarase desde a primeira matrícula do doutorando/a polo concepto de tutela académica do doutoramento ata a presentación da solicitude do depósito da tese.
A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de dezaoito meses, que se contarán desde a admisión do doutorando/a ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
Se la solicitude do depósito da tese de doutoramento non se presenta despois de transcorrer o prazo establecido, a CAPD podería autorizar a súa prórroga, que sería dun ano nos estudos de doutoramento a tempo completo e de dous anos nos estudos de doutoramento a tempo parcial..
A CAPD poderá autorizar, por solicitude motivada do interesado/a, a baixa temporal no programa.
A baixa definitiva nun programa de doutoramento implica a imposibilidade de matrícula no mesmo programa durante tres cursos académicos. Son causas de baixas definitivas administrativas as seguintes:
- Non realizar a matrícula anual nun curso académico
- Non ter presentado o plan de investigación nos prazos establecidos
- Non ter superados os complementos de formación en catro cuadrimestres consecutivos
Son motivos de baixa definitiva de carácter docente os seguintes:
- Ter dous informes negativos consecutivos na avaliación anual ou para a aprobación do plan de investigación inicial
- Non ter superada a defensa da tese nos prazos establecidos