Programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos
O Programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos está dirixido a aquelas persoas que, cunha titulación universitaria e cun perfil en linguas e lingüística, desexaren afrontar o reto de faceren unha tese. Xuntámonos un grupo de especialistas en lingua española, lingua galega e lingüística xeral para ofrecermos un programa atractivo e un contexto estimulante orientados á realización do plan de investigación.
As teses poderán versar sobre algún tema relacionado coas liñas de investigación do programa: A descrición das linguas, A lingüística aplicada en diferentes vertentes (lexicografía e terminografía, ensino e aprendizaxe de linguas ou tecnoloxías lingüísticas), A análise do discurso e sociolingüística e A lingüística histórica e historiografía lingüística.


