O programa de doutoramento conta con mecanismos e procedementos que aseguren a participación en programas de mobilidade

A CAPD preocúpase da mobilidade do estudantado do doutoramento. As súas actividades, relacionadas coa mobilidade, xestiónanse en colaboración cos órganos das universidade participantes.

Existen mecanismos para a xestión da mobilidade, tanto de ámbito nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados no marco das vicerreitorías con competencias en mobilidade.
Ademáis, o programa de doutoramento ten colaboracións establecidas con diversas universidades e institucións tanto nacionais como internacionais grazas ás cales foi posible desenvolver un importante grao de mobilidade tanto de alumnado como de docentes que permite, entre outros aspectos, acceder ás condicións necesarias para a obtención da mención europea ao título de doutor.

Máis información

Programas de mobilidade internacional

Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación da UVigo

Axudas predouctorais da UDC