Cuevas Alonso

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Lingua Española
Departamento de Lingua Española

Información de contacto

Universidade de Vigo

Facultade de Filoloxía e Tradución
Pavillón A, Despacho 56
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 334
miguel.cuevas@uvigo.es

Breve CV

É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Oviedo (2001), experto profesional en estatística aplicada ás Ciencias da Saúde (UNED, 2004) e doutor pola Universidade de Vigo (2011). Na actualidade é profesor contratado doutor no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. A maior parte da súa investigación desenvolveuna no seo de diversos proxectos financiados en convocatorias competitivas nacionais e internacionais. É autor de numerosos artigos e reseñas, só ou en colaboración, en Journal of the International Phonetic Association, Archivum, Estudios de Fonética Experimental, Language Design, Hesperia, Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana, Lingüística Española Actual, Onomázein, Language in Society, Revue Roumaine de Linguistique, etc. Foi conferenciante na Universidade de Massachusetts (Amherst), na Universidade de Zúrich, na Universidade de Iasi e de Suceava (Rumanía), etc. Ten participado no Atlas Prosodique Multimédia de l’Espace Roman, no Atlas Interactivo da Entonación do Español e no Interactive Atlas of Romance Intonation.

Investigación

Liñas de investigación no programa

  • Fonoloxía
  • Prágmatica
  • Dialectoloxía

Grupo de investigación

Variación da Linguaxe e Categorización Textual (LVTC)

Liñas de investigación

  • Fonética e fonoloxía do español
  • Análise do discurso
  • Historia da Lingüística