A Mención Internacional outorga un valor engadido ao título. Pódese acceder a ela se durante o período de execución da tese se fai unha estadía nun centro de investigación estranxeiro de polo menos tres meses.

Requírese ademais:

  • Que unha parte da tese de doutoramento (cando menos o resumo e as conclusións) estea redactada nunha lingua habitual na comunicación científica, distinta das linguas cooficiais do estado.
  • Que se faga unha parte da defensa da tese nunha lingua habitual na comunicación científica, distinta das linguas cooficiais do estado.
  • Que dous expertos ou expertas, de universidades ou centros de investigación non españois e distintos a aquel no que se fixo a estadía, informen favorablemente a tese.
  • Que forme parte do tribunal avaliador da tese unha experta ou experto pertencente a unha universidade ou centro de investigación non español distinto a aquel no que se fixo a estadía.